En portadaÚltima hora

Valdeorras abre a campaña de vendima

A adega vilamartinesa Valdesil iniciaba de xeito oficial a recollida da uva na denominación neste martes 11 de setembro

 

Labores de vendima./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cun retraso de case un mes con respecto ao ano 2017 vén de iniciarse a vendima na Denominación de Orixe Valdeorras. A primeira adega en comezar a recoller a uva é Valdesil neste martes 11 de setembro. “A campaña iniciáse cun lixeiro atraso respecto ao inicialmente previsto, por mor das precipitacións rexistradas nos últimos días. Tamén se atrasa o inicio notablemente en relación á atípica campaña do ano pasado, que comezara a mediados de agosto e tivera que ser realizada en dúas fases por mor das xeadas de finais de abril”, segundo se indica dende o consello regulador valdeorrés.

As seguintes adegas en comezar cos labores de vendima serán Santa Marta e Godeval o 12 de setembro, ésta última seguirá ata dentro de 12 días. “Os traballos comezarán na finca Portela (Vilamartín de Valdeorras) e nos días seguintes irán, progresivamente, vendimando o resto de parcelas segundo determinen os controis de maduración que se están realizando”, segundo se adianta dende Godeval, que espera unha colleita “con uva moi sana e cun 10% de incremento sobre a añada anterior”.

Outra adega que xa ten solicitado no Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras o inicio da recollida é Avancia. O presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, prevé que a deste ano “sexa unha vendima longa, que se realice ao longo de seis ou sete semanas”. Xunto a isto agarda que, malia ás afeccións nalgunas zonas por mildeu, as uvas rec

Artigos relacionados

Back to top button