EconomíaEconomíaSen categorizarViticultura

Valdeorras abre as catas de viño para as Distincións Gallaecia con notables puntuacións

Tras o seu paso por Vilamartín, os membros do panel de cata da Asociación de Sumilleres Gallaecia acudirán o 7 de xullo ao Ribeiro
Cata para as Distincións Gallaecia no CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella
Cata para as Distincións Gallaecia no CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella

O calendario para as Distincións Gallaecia 2014 comezaba cos viños o 1 de xullo no Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín. Alí o panel de cata da Asocación de Sumilleres Gallaecia, promotora do certame, e da Asociación Galega de Catadores puntuaban 73 caldos (dos cales, 27 brancos e 19 tintos son da colleita do 2013). Na cata participaron 9 sumilleres e enólogos procedentes de toda Galicia, así como un sumiller de Zamora e o director técnico de la D.O. Toro.

“Malia ás particularidades climáticas do pasado ano, non só en Galicia senón na práctica totalidade das zonas vitivinícolas de Europa, os viticultores, enólogos adegueiros da comarca de Valdeorras souberon adaptarse ás condiciones climáticas do ano e presentánnos uns viños de alta calidade. Viños diferentes, coas particularidades propias da añada, pero demostrando que o binomio home e “climat” fan que o viño non sexa unha aburrida réplica, ano tras ano”, segundo se destaca dende a Asociación Gallaecia.

O día 7 o panel de cata viaxará ata o Ribeiro, o día 15 de xullo estará no Consello Regulador da D.O. Monterrei e o 21 de xullo no da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. O calendario completarase no consello das Rías Baixas o 12 de agosto.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button