DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras aposta polo judo non competitivo

Un cento de nenos da comarca veñen de participar no 31º Trofeo Miguelito, celebrado na Coruña

Destacada actuación valdeorresa no 31º Trofeo Miguelito de judo, que se celebraba na pasada fin de semana na Coruña. Neste evento deportivo, con máis de 3.200 nenos (de entre 3 e 12 anos), participaban un cento de rapaces da comarca aos que adestra Alberto Vázquez.

“Este é un trofeo mixto e adaptado á infancia no que non hai resultados competitivos e todos os participantes reciben unha medalla. Substitúese o concepto de competición polo de colaboración e cada parella prepara as súas técnicas de judo para lograr a maior puntuación”, explica Alberto Vázquez. Ademais resalta que os nenos valdeorreses tiveron unha “actuación brillante con parellas que rozaron a excelencia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button