ConcellosÚltima hora

Valdeorras baixa a 108 casos activos de Covid, 13 menos que onte

O único concello que rexistra incremento de casos é A Rúa, mentres O Bolo e Petín quedan libres de virus

A Rúa.

 

Volve baixar cifra total de positivos de Covid-19 en Valdeorras. Neste 13 de agosto a comarca rexistra un total de 126 casos activos de Covid, o que supón 5 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

O descenso máis destacado rexístrase, novamente, no Barco que conta con 67 casos activos, 9 menos que onte; mentres que Larouco ten 2, 2 menos que onte; Vilamartín ten 4, 1 menos que onte; ademais O Bolo (que ata onte tiña 2 positivos) e Petín (con 1 positivo) quedan libres de virus.

Por contra, o único concello no que volven medrar os casos é A Rúa con 30 positivos, 2 máis que onte.

No resto dos concellos da comarca mantéñense as cifras de onte: Rubiá segue con 2 positivos, A Veiga con 1 e Carballeda de Valdeorras con 2.

Tamén baixan os casos activos na provincia de Ourense cun total de 1.029 positivos.

41 hospitalizacións na provincia

Sen embargo, volven medrar os datos totais de ingresos por Covid, cun total de 41 ingresos (6 deles en UCI). Así o Hospital Público de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta, mentres o Hospital de Verín rexistra 7 en planta 7 e o Hospital Universitario de Ourense ten 26 ingresos en planta e 6 na UCI (a mesma cifra de onte), segundo a Consellería de Sanidade (datos actualizados ás 18h. de onte).

Artigos relacionados

Back to top button