En portadaÚltima hora

Valdeorras, berce mundial do godello de calidade

O Periódico O Sil dedica unha ampla reportaxe no seu número de xuño ao proxecto que supuxo a recuperación da variedade godello: o Plan REVIVAL
Portada da edición de xuño do Periódico O Sil.
Portada da edición de xuño do Periódico O Sil.

Nos anos 70 a godello era unha variedade que rozaba a desaparición. Un proxecto promovido dende o daquela servizo de Extensión Agraria, á cabeza do cal estaba Horacio Fernández Presa, apostaba por esta uva branca. Era o Plan REVIVAL. Os resultados, catro décadas despois, permitiron que hoxe o godello sexa un dos mellores brancos a nivel mundial.

O Periódico O Sil recolle no seu tema de En Portada de xuño como se xestou e seu puxo en marcha este revolucionario proxecto en Valdeorras e o que supuxo non só para esta denominación de orixe, senón para a vitivinicultura galega e mesmo española.

O Periódico O Sil pode mercarse nos quioscos ou ben pode recibirse a través de subscrición.

Artigos relacionados

Back to top button