A RúaConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Valdeorras celebra o Día do Medio Ambiente recollendo lixo no Camiño de Inverno

Na iniciativa, promovida pola Asociación San Cristóbal da Rúa, participaban uns 40 voluntarios

 

Coa idea de celebrar o Día do Medio Ambiente concienciando á poboación da necesidade de manter en óptimas condicións o Camiño de Inverno, unha ruta xacobea importante para Valdeorras pola afluencia de visitantes e polo revulsivo económico que supón, a Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa propoñía para hoxe unha orixinal actividade: unha andaina de limpeza desta ruta ao seu paso pola comarca.

Chegado o día, na mañá deste sábado 4 de xuño, uns 40 voluntarios participaban na xornada medioambiental. Uns saían dende o Concello da Rúa e outros facíano dende o do Barco de Valdeorras, tendo no pavilllón do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, o punto de encontro xa á hora de xantar. Alí, a asociación convidaba a todos os voluntarios a unha paella.

Entre o lixo que foron recollendo ao longo do camiño, atoparon sobre todo plásticos, pero tamén algún ferro, tapacubos e mesmo rodas. Axundando nos labores de limpeza e acompañando aos voluntarios foron membros de Protección Civil dos tres concellos implicados: A Rúa, Vilamartín e O Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button