En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 18 casos activos de Covid ao rexistrarse 2 novos positivos no Barco

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve incremento nos casos activos de Covid de Valdeorras. A comarca rexistra 18 casos, 2 máis que onte. Este aumento débese a 2 novos positivos do Barco, que pasa dos 12 casos activos na xornada de onte aos 14 deste martes, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. A incidencia acumulada para este concello é de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días.

Con respecto ao resto comarca valdeorresa, mantéñense os datos da xornada de onte, Carballeda rexistra 2 positivos mentres que Rubiá e Vilamartín de Valdeorras teñen 1 positivo cada un. Os demais concellos de Valdeorras seguen libre de coronavirus.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Por outra banda, tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 12 os ingresos, 1 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button