ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 252 casos activos de Covid, 116 deles no Barco

Vista do Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Nova xornada de ascenso nas cifras do coronavirus en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 22 de decembro un total de 252 positivos por coronavirus (14 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizadas ás 18h. de onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Varios municipios rexistran un incremento nas cifras de casos. Entre eles sobresae O Barco cun total de 116 positivos (13 máis que o onte). Ademais Carballeda de Valdeorras rexistra 4 casos activos, 1 máis que o onte; A Rúa 76 (2 máis que onte) e Vilamartín 18 casos activos, 1 máis que onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Os concellos que presentan diminución de contaxios son O Bolo con 12 casos activos, 1 menos que onte; Larouco con 10, 1 menos que onte; e A Veiga con 6, 1 menos que onte.

Por outra banda, os casos activos mantéñense en Petín con 7 positivos e en Rubiá con 3 positivos.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras continúa, unha xornada máis, libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button