ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Valdeorras chega aos 325 casos activos de Covid, 218 deles no Barco

Imaxe do Barco./ Foto: A.R.

 

Mantense á alza a incidencia do Covid no Barco, que neste 28 de decembro bate un novo récord e sitúase en 218 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 22 máis que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Sen embargo, no resto da comarca a tendencia é a estabilizarse. Así Valdeorras rexistra neste 28 de decembro un total de 325 positivos por coronavirus (19 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Ademais do Barco, só hai outros dous municipios con incremento de casos, aínda que moi leves: Carballeda de Valdeorras con 9 (1 máis que onte) e Larouco con 7 (1 máis que onte).

Os casos activos descenden no O Bolo, que ten 2 positivos (3 menos que onte), Petín ten 5 positivos (1 menos que onte), A Rúa conta con 63 positivos (1 menos que onte). As cifras mantéñense en Rubiá con 4 positivos (os mesmos que onte) e en Vilamartín con 17 positivos, mentres que A Veiga continúa libre de coronavirus.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada tres ingresos en planta, o que supón 1 máis que onte logo de producirse o falecemento dunha das persoas ingresadas.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button