En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 575 positivos por Covid, 426 deles no Barco

Vista do Malecón do Barco dende a praia fluvial./ Foto: A.R.

 

Continúa a explosión de contaxios de Covid no Barco, que neste 3 de xaneiro suma un novo de récord e sitúase en 426 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 82 máis que o pasado venres, cando Sanidade facía pública a anterior actualización.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

A tendencia á alza mantense tamén en boa parte da comarca, con subidas en case todos os concellos. Así Valdeorras rexistra un total de 575 positivos por coronavirus (96 máis que o pasado venres), segundo as cifras do Sergas.

Ademais do Barco, hai outros catro municipios con incremento de casos: O Bolo cun total de 18 positivos (8 máis que o venres), Carballeda de Valdeorras con 16 (3 máis que o venres), Petín con 7 (3 máis que o venres), Rubiá con 11 (5 máis que o venres).

Por contra, baixan os casos activos en Larouco con 6 (1 menos que o venres), na Rúa con 71 (1 menos que o venres) e en Vilamartín con 18 (3 menos que o venres). A cifra de positivos mantense na Veiga con 2 casos activos (os mesmos que o venres).

 

 

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras mantén nesta xornada 2 ingresos en planta, os mesmos que o pasado venres.

 

Artigos relacionados

Back to top button