ConcellosÚltima hora

Valdeorras chega aos 63 casos activos de Covid, 26 máis que onte

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en notable ascenso as cifras do coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 63 positivos, o que supón 26 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 8 de xullo.

No referente ao Barco, soben a 55 os casos, o que supón 24 máis que onte. Tamén se rexistra un lixeiro ascenso en Rubiá, que contabiliza 4 positivos, 1 máis que onte; mentres que A Rúa sobe a 2 positivos, 1 máis que onte.

En cambio, os datos mantéñense na Veiga e Vilamartín que continúan con 1 positivo en cada un dos casos.

O resto dos concellos de Valdeorras están libres de virus. No Hospital de Valdeorras non se rexistran ingresos por Covid, segundo Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button