ColaboraciónsOpiniónÚltima hora

Valdeorras con Voz de Muller

Unha das imaxes do Foro-debate celebrado no Barco con motivo do día da Muller./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Unha das imaxes do Foro-debate celebrado no Barco con motivo do día da Muller./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O 8 de Marzo foi a celebración do Dia da Muller en todo o mundo e no Concello do Barco poideron escoitarse as voces das mulleres de Valdeorras a través da campaña posta en marcha dende a concellería de servizos sociais baixo o título “Valdeorras con Voz de Muller”. Tratouse dunha xornada con voz feminina e moi ligada á opinión que teñen as mulleres de aquí e sobre os problemas ós que se enfrentan. A acción clave da campaña consistía nun vídeo no que podía escoitarse a voz de medio centenar de mulleres que expresaron a súa opinión sobre a falta de oportunidades laborais na comarca, sobre os problemas para lograr conciliación laboral e familiar ou sobre as cargas familiares que pesan máis sobre a figura da muller. Tamén a falta de axudas e as dificultades para ter onde deixar ós nenos sen abusar da familia, foron outros dos problemas expostos polas enquisadas. A moitas das que opinaron xa as conocía, a outras non, pero respecto profundamente todas e cada unha das respostas. Por suposto non comparto todas por igual, pero o simple exercicio de reflexionar e escoitar outros pareceres e valoralos é moi sano. O que vin no vídeo, foi ás mulleres do Barco dispostas a falar, espontáneas, moi “auténticas” que non “sintéticas”. Esa é unha diferencia que me ensinou unha amiga catalana que me gustou. A xente desta vila segue motivándose cando lle preguntan e con gusto debate sobre as cuestións importantes.

 

Cos rapaces do instituto non houbo tanta sorte sobre todo en canto a disposición a falar que se diga. Xa sabemos que nesas idades faise difícil dar a opinión propia en público, pero tamén que son as idades dos ideais. Os rapaces dos institutos do Barco celebraron un pleno ordinario simulado para inaugurar a xornada do 8 de Marzo no Teatro Lauro Olmo alias Casa da Cultura do Barco. Elixiron previamente no instituto á alcaldesa, e ós dous representantes dos grupos políticos que eran homes. Viuse un ápice de espíritu no manifesto leído ó inicio do pleno pola alcaldesa adolcescente no que recordaba e reconocía a labor feita por outras mulleres en favor das liberdades femininas. Ó remate comezou o pleno. Había tres grupos políticos e un deles non se presentou. Á hora de votar nun principio os dous grupos rechazaron votar a favor da proposta que presentaba o grupo contrario. Houbo un momento de tensión, (máis ben de similitud coa realidade política actual) e ó fin, alguén falou e propuxo que todos concelleiros votaran a favor das propostas que presentaban os dous grupos. Aceptaron e finalmente así foi. No debate posterior previsto ninguén comentou nada. Con todo o que estarían pensando esas cabezas non houbo ningún rapaz ou rapaza que fora capaz de sairse da marxen esquerda do río Sil.

 

E por último o debate da tarde. Foi o peche da xornada ás 7 da tarde no Salón Multiusos do Concello. Ahí sairon moitas cousas. Esta vez a mesa consistia en 8 mulleres representando diferentes sectores de actividad laboral valdeorresa dispostas a relatar a súa opinión sobre a situación da Muller na actualidade.

Dende o sector sindical lanzaron un dato: “as mulleres paradas en Valdeorras non fluctúan”. O paro masculino sí sube e baixa pero o femenino está estancado e non fluctúa. Dende o sector educativo ademáis de recordar a realidade de que elas son moito máis activas no colexio que eles, aseguran que un dos prinicipais problemas, á hora de lograr arraigo a igualdade nos máis pequenos, é que perpetuamos vellos esquemas na familia e na escola; tamén destacaron a necesidade de inclusión da visión igualitaria de xénero nas propias políticas municipais. Dende o sector das mulleres rurais demandaban unhas pensións dignas e tamén espazos e tempos para estar cos fillos e netos; apuntaban ademáis que as redes sociais e asociacións axudan a Muller. Dende o sector empresarial destacaron as dificultades que afronta a muller á hora de ascender laboralmente e apuntaron tamén cara os problemas de violencia de xénero como unha das necesidades primordiais a atender. A rama sanitaria amosou a súa preocupación pola conciliación da maternidade coa vida laboral demandando a “ampliación da baixa maternal e maís fexibilidade e adaptación para o período de lactancia materna”; tamén destacaron a situación concreta do sector sanitario con moitas “mulleres pendentes do teléfono para traballar en lugares e horarios sempre diferentes e con dificultade para poder deixar os fillos á cargo”.

 

A representante dos autónomos falou da falta de axudas para estos traballadores e a dificultade tamén para conciliar a vida familiar cos horarios dun autónomo; de novo como en varias ocasións na mesa expresouse preocupación polos problemas de compatibilidade entre o horario laboral e os horarios da guardería municipal. O sector desempleado calificou como “malo” o panorama laboral en Valdeorras e destacou “a desigualdade existente respecto ó home en caso de optar ó mesmo posto”. Nesa mesma liña se expresaba a traballadora da lousa que falou dunha “canteira machista” destacando que “na canteira hai traballos de home e traballos de muller” e sinalando tamén as grandes diferenzas de salario entre os diferentes postos. Os horarios e a distancia á que se atopan os centros de traballos dificultan tamén o acesso ó tempo necesario para acudir ó médico. Houbo un momento neste punto para reflexionar sobre o Home e a Muller manifestando que “Uns sin os outros non vamos a ningún sitio”. Cerrou a mesa de debate o sector político que se reafirmou en todo o dito polo resto de respresentantes e engadiu, tras reflexionar tamén nas diferenzas de trato por ser muller que ela mesma estaba experimentando no mundo político, que “pecamos de pensar que estaba todo acadado”.

 

Podería dicirse que ainda que xa había traballo feito como dicía a política “pecamos de pensar que estaba todo acadado” e non o estaba. Faltaba que as propias mulleres non fosen machistas, faltaba a aceptación plena de estereotipos igualitarios, faltaba que en vez de “axudar en casa” moitos homes “fixeran o que lles toca por convivencia”. Ademáis o asentamento da figura da Muller como igualitaria frente á do home é un proceso que todavía non está maduro e que ten a súa cara máis amarga na violencia de xénero. Ademáis, e xa de forma igualitaria para homes e mulleres, a conciliación da vida laboral e familiar está complicada, tal como está so xa a laboral. Eso sí como dicía a traballadora da louxa “uns sin os outros non vamos a ningún sitio” así que mellor estar seguras de que neste barco contamos tamén co apoio de cada vez máis homes que saben da importancia de caminar xuntos como individuos.

Debemos sobretodo reflexionar sobre os cambios que deberemos efectuar na educación das nosas pequenas e pequenos para non perpetuar vellos esquemas que dificultan o camiño da muller cara a igualdade de dereitos e oportunidades, e achegan a violencia contra estas. Cabe destacar o afán de loita diaria e o bo humor que as mulleres sacan cada día pra poñerlle un soriso ó traballo, ás responsabilidades familiares, ó paro, ós recortes económicos, á enfermidade, e hasta o maltrato. É de admirar. Porque as mulleres das que falan estos problemas teñen moita valentía. E os nosos políticos tirándose os trastos a cabeza por ver quen colle o pedazo de tarta máis grande. E poñerse de acordo entre eles de momento só pra coller as vacacións. Ben. Quero recordar neste punto o que nos decía a voz da experiencia da mesa de debate era que as redes sociais e as asocacións eran boas para a Muller. Haberá que tecer fortes redes para que a tea sea máis forte; haberá que seguir loitando e coa que está caíndo.

 

 

Texto: Diana R. Ramos

 

 

Artigos relacionados

Back to top button