EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras conta xa cunha oficina da Asociación Agraria de Galicia

Inaugurouse onte, xoves 18 de xullo, na Rúa

Valdeorras conta dende onte, 18 de xullo, cunha oficina da Asociación Agraria de Galicia. O presidente da asociación, Francisco Bello, asegurou que “a nosa nova sede na Rúa vaise converter nun lugar de referencia para os gandeiros e agricultores da comarca”.

 

Durante a inauguración.

 

Ademais, afirmou que “o persoal técnico da Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras, apoiado polo completo equipo de profesionais que ASAGA ten en Galicia (enxeñeiros agrícolas e forestais, xuristas, economistas,…), ofrecerá solucións para calquera tipo de problemas que se poidan presentar aos profesionais do sector agropecuario, axudará á tramitación de todo tipo de axudas e subvencions, e colaborará conxuntamente cos seus socios no desenvolvemento dun gran número de proxectos relacionados co medio rural”.

A oficina sitúase no número 72 da Rúa Progreso.

Artigos relacionados

Back to top button