ConcellosÚltima hora

Valdeorras contabiliza 20 casos activos de Covid, 9 máis que onte

 

Seguen medrando os casos activos de Covid en Valdeorras. Neste xoves 8 de xullo a comarca rexistra un total de 20 positivos, o que supón 9 máis que onte, segundo datos actualizados ás 18h. do 7 de xullo.

No referente ao Barco, son 14 os casos, o que supón 6 máis que onte, segundo os datos do Sergas. Ademais o concello de Rubiá, que onte tiña 2 positivoas agora contabiliza 3. A Veiga continúa con 1 positivo, e volven á lista de concellos con casos A Rúa con 1 positivo e Vilamartín con 1 positivo.

O resto de municipios continúan libres de virus. Non se rexistran ingresos por Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button