A RúaConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Valdeorras continúa con 30 casos activos de Covid

Panorámica da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Logo de varias xornadas de descenso, estabilízanse as cifras do coronavirus en Valdeorras. A comarca continúa con 30 casos activos neste 1 de xuño, os mesmos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

O municipio do Barco de Valdeorras mantén 24 casos activos, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días de >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.

Os datos tamén se repiten na Rúa, con 4 positivos, e en Vilamartín de Valdeorras con 2 positivos. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras segue con 1 ingreso en planta por Covid.

5 positivos en centros educativos valdeorreses

Os centros educativos da comarca de Valdeorras rexistran un total de 5 casos activos de Covid, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia deste martes 1 de xuño, o que supón 1 menos que o pasado sábado. No caso do Barco, o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo, o CEIP Julio Gurriarán 1 positivo e o Colexio Divina Pastora 1 positivos (1 menos que o sábado).

Na Rúa o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

Na provincia de Ourense o total de positivos en centros educativos ascende a 25 (6 menos que o sábado).

Artigos relacionados

Back to top button