SanidadeÚltima hora

Valdeorras continúa mobilizándose en defensa da súa área sanitaria

Ademais de no Hospital Comarcal Valdeorras, facíanse concentracións en diversos centros de saúde

 

Centos de persoas volvían reunirse un mércores máis, e xa van catro, para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia que contempla a supresión da área sanitaria do Barco. Na concentración, celebrada diante do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), tomaba a palabra o voceiro da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, Orlando Saavedra, quen expoñía  a necesidade de defender a estrutura sanitaria actual e de evitar “que o anteproxecto de reforma chegue ao Parlamento galego”.

Tamén chamaba á participación da cidadanía para a vindeira concentración, prevista para o 27 de setembro, así como para a gran manifestación que está programada para o sábado 30 de setembro ás sete da tarde no Barco.  Agradecía a asistencia á concentración e animaba a seguir traballando na defensa da sanitaria pública e de garantir a asistencia sanitaria no rural.

O acto pechábase coa intervención de Suso Vilasánchez, membro da Xunta de Persoal do HCV, quen lembraba que ademais desta concentración ao mesmo tempo se estaban celebrando actos deste tipo en centros de saúde como os da Rúa ou Viana do Bolo, entre outros. Ademais destacaba a importancia da implicación cidadá e chamaba a participación.

Ademais de persoal sanitario e veciños do oriente orensán, tamén participaban na concentración do Barco os deputados de En Marea Luis Villares e Davide Rodríguez de Manzaneda.

Fotos: A.R.

 

Concentración no Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close