ConcellosÚltima hora

Valdeorras despídese do profesor de karate José Luis Puente Murias

A capela ardente está instalada no tanatoiro Santa Rita e o funeral será mañá, ás 11h. na igrexa de Veigamuíños (O Barco)
José Luis Puente Murias, na Gala do Deporte do Barco celebrada o ano pasao no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

O mundo do deporte e Valdeorras enteira está de loito. Na mañá do 8 de setembro falecía unha persoa tan coñecida como querida: José Luis Puente Murias, gran deportista e profesor de karate dende hai décadas.

A noticia do seu falecemento corría como a pólvora, sorprendendo a todo o mundo. Ninguén o esperaba. Menos dada a súa idade (54 anos) e a súa traxectoria deportiva. Pero a vida é así e hoxe, pouca xente vinculada co karate quedaba sen pasar polo tanatorio para despedirse del. Dende os alumnos actuais ata os que o foron dende pequeniños hai xa anos. Xente de Valdeorras e tamén de fóra. Alumnos e tamén profesores coma el, árbitros, etc. Familiares, veciños, amigos e coñecidos.

José Luis Puente era o responsable do Karate Club O Barco cun nutrido grupo de karatekas de diferentes idades aos que adestraba e cos que participaba nos campionatos galegos e tamén nacionais, pero tamén daba clases noutros pobos como a Rúa, Viana ou A Pobra de Trives.

Polas súas mans pasaron centos de nenos e algúns dos seus alumnos rendiranlle unha especial homenenaxe. Mañá, domingo 10 de setembro, acudirán vestidos co quimono de karate ao funeral que terá lugar ás 11h. na igrexa de Santo Tirso de Veigamuíños (O Barco de Valdeorras). Será a súa particular forma de despedirse do “profesor de karate”.

Máis información:
https://osil.info/emotivo-adeus-ao-profesor-de-karate-valdeorres-jose-luis-puente/

Artigos relacionados

Back to top button