EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras di adeus ao empresario barquense Carlos Terán

 

A igrexa barquense de Santa Rita acollía ás 18:30h. da tarde deste 29 de xuño o funeral do empresario local Carlos Luis Terán Díaz, que foi o primeiro presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e un dos seus fundadoras.

Numerosas persoas acudían á celebración relixiosa, que se desenvolvía mantendo todas as medidas de seguridade, para darlle o último adeus a este coñecido barquense. Entre as mostras de pésame recibidas pola súa familia estaban as de AEVA, O Barco Centro Comercial Aberto e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

Artigos relacionados

Back to top button
Close