EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

“Valdeorras é unha gran marca, evoca calidade e unha maneira de facer as cousas”

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, clausuraba na noite do 22 de novembro a asemblea do Barco CCA

Sobre a situación actual do comercio, as rebaixas, regularización de promocións e descontos e liñas de axudas da Administración galega falaba na noite do 22 de novembro en Valdeorras a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal. Coa súa interesante intervención clausuraba a asemblea anual da asociación O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), que tiña lugar no edificio multiusos desta vila.

Vázquez Abeal tamén se refería ás vendas online e á importancia de saber competir cun produto diferenciado e con calidade. E, neste senso, dirixíase aos comerciantes sinalando que contan “cun produto marabilloso, cunha gran marca que é Valdeorras, iso evoca calidade e unha maneira de facer as cousas e iso axuda a vender”, indicaba.

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, na clausura da asemblea do Barco CCA./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A directora xeral poñía o broche a unha asemblea na que O Barco CCA, que preside Sandra Moldes, facía balance da actividade desenvolvida ao longo do 2017, con diversas campañas e iniciativas promocionais, tamén se aprobaban as contas desta entidade e as novas solicitudes de afiliación. No apartado de rogos e preguntas abordábase a cuestión da iluminación de Nadal nas rúas da vila e a necesidade de mellorala. O encontro concluía cunha degustación de petistos acompañada por viño de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información no periódico en papel de O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button