ConcellosO BarcoPetínÚltima horaVilamartín

“Valdeorras embelece”, novo obradoiro de emprego promovido por O Barco, Vilamartín e Petín

Durará 9 meses, e formará a 20 persoas en situación de desemprego

 

 

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de obradoiro de emprego “Valdeorras embelece”, presentado polo Concello do Barco en nome propio e no dos concellos de Vilamartín e Petín. O obradoiro está dirixido a 20 persoas en situación de desemprego, sen ningunha titulación mínima.

A subvención concedida para este obradoiro é de 346.946 euros para o obradoiro, e outros 12.000 euros máis para incentivos á contratación laboral. Todos os alumnos participantes terán una remuneración económica pola súa participación no mesmo, ademais de recibir a formación.

Os obxectivos de actuación para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son os seguintes:

Concello de O Barco: – Acondicionamento de zonas axardinadas no núcleo do Barco; substitución do valado nos Parques Infantís; elaboración e colocación de cobrecontenedores no municipio.

Concello de Vilamartín: – Acondicionamento zona axardinada na contorna do Bañadoiro; valado do parque infantil na Rodaleira; acondicionamento da zona da Manguela en Arcos; elaboración e colocación de cobrecontenedores no municipio.

Concello de Petín: – Acondicionamento zona axardinada nas piscinas de Petín; acondicionamento zona axardinada na contorna do Centro Social de Mones; protector parede madeira velorio Petín; elaboración e colocación de cobrecontenedores no municipio.

O obradoiro terá unha duración de nove meses, e polo tanto desenvolverase nos anos 2021 e 2022, con un custo calculado de 138.778,40 euros no primeiro ano, e 208.167,60 euros no segundo. O
inicio das actividades está previsto para o próximo 15 de outubro, e o peche para o 14 de xullo de 2022.

O módulo de contratación laboral desenvolverase entre o 15 de xullo e o 14 de outubro. Dos vinte
alumnos, 12 se formarán en actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería, e 8 en traballos de carpintería e moble.

Os interesados en participar neste obradoiro, que serán seleccionados de xeito inmediato, deberán dirixirse á oficina de emprego da Xunta no Barco, e cubrir unha ficha específica para poder ser seleccionados.

Artigos relacionados

Back to top button