EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Valdeorras enceta a vendima

Dúas adegas desta denominación de orixe veñen de iniciar os labores de recollida de uva

vend1

Cunha diferencia de case dúas semanas con respecto ao pasado ano, vén de iniciarse a vendima na Denominación de Orixe Valdeorras. Dúas adegas desta zona vitivinícola ourensá comezaban hoxe, 12 de setembro, os labores de recollida de uva. Trátase de Godeval (con sede en Xagoaza, O Barco), que neste verán cumpría 30 anos de traxectoria, e da petinesa María Teresa Núñez.

Espérase unha colleita inferior á do pasado ano, pero dunha “calidade excelente”. “Os fenómenos meteorolóxicos adversos e a incidencia do mildiu nas cepas mermarán, previsiblemente, a cantidade de quilos de uva que se recollan na comarca”, indican dende o consello regulador valdeorrés. Asemade o seu presidente tamén anunciaba que esta D.O. reclamou recentemente á Xunta a apertura dunha liña de axudas similar á aprobada para a Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button