ConcellosEn portadaÚltima hora

“Valdeorras Infinda”, unha aposta cultural por proxectar esta comarca na Coruña

Trátase dun grupo de persoas vinculadas coa comarca e residentes na cidade da Coruña que buscan poñer en valor á comarca e ás súas xentes

Á esquerda, Emilio Vega Rodríguez e, á dereita, Manuel Agra Villar, promotores de “Galicia Infinda”./ Foto cedida.

 

Veñen reuníndose e traballando dende hai máis cunha gran ilusión e un obxectivo común, reforzar os vínculos dos valdeorreses que residen na Coruña. Detrás deste proxecto, denominado “Valdeorras Infinda” (cuxo nome se inspira no título dun poemario de Florencio Delgado Gurriarán) hai dous promotores principais: Emilio Vega e Manuel Agra.

“Somos un conxunto de persoas, que vivimos na Coruña e que temos vínculos coa comarca de Valdeorras, que acabamos de crear o grupo Valdeorras Infinda. Pretendemos dar a coñecer a historia e a cultura de Valdeorras na Coruña. Para isto, organizamos unha serie de actividades que comenzarán xa proximamente”, explican.

 

 

O obxectivo do grupo é “organizar actividades sobre a historia -e a Memoria Histórica-, a cultura, sociedade e demais aspectos relacionados coa comarca de Valdeorras. O noso nome está inspirado no título dun libro -Galicia infinda– do noso paisano Florencio Delgado Gurriarán, a quen no ano 2022 se lle dedicarán as Letras Galegas. Polo tanto, nós tamén temos como obxectivo espallar o coñecemento da súa obra, da súa vida, incluído o seu exilio en México”, adiantan.

Valdeorras Infinda “é un grupo de traballo comunitario, aberto e democrático no seu funcionamiento. Estamos, pois, abertos a calquera tipo de colaboración no funcionamiento do grupo, á participación nas súas actividades e a calquera tipo de relación de quen queira”, comentan.

A través dos medios de comunicación, nas redes sociais (Facebook…) teñen previsto ir publicitando as actividades e eventos que programemos. Nos próximos días enunciaremos as actividades do ano 2021 -coorganizadas coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña-.

Para o próximo ano 2022 están organizando actividades máis centradas no Día das Letras Galegas e Florencio Delgado Gurriarán.

“Facemos, pois, un chamamento aos valdeorreses e valdeorresas da Coruña e a a todo o mundo que queira participar nas nosas actividades. Móvenos Valdeorras”, conclúen.

De “Valdeorras Infinda” tamén forman parte Domingo Díaz e Cristina de la Torre.

O seu proxecto será presentado no Barco a finais desta semana.

 

MANIFESTO DE “VALDEORRAS INFINDA”

VALDEORRAS INFINDA: QUEN SOMOS

 Valdeorras Infinda somos un grupo de persoas con vínculos na comarca de Valdeorras e que -como moitos e moitas- vivimos en varios sitios ao mesmo tempo. Coincide en que a cidade da Coruña é un deses lugares e por iso decidimos organizar aquí actividades para dar a coñecer a nosa comarca.

O obxectivo do grupo é, pois, organizar actividades sobre a historia -e a Memoria Histórica-, a cultura, sociedade e demais aspectos relacionados coa comarca de Valdeorras. O noso nome está inspirado no título dun libro -Galicia infinda- do noso paisano Florencio Delgado Gurriarán, a quen no ano 2022 se lle dedicarán as Letras Galegas. Polo tanto, nós tamén temos como obxectivo espallar o coñecemento da súa obra, da súa vida, incluído o seu exilio en México.

Valdeorras Infinda é un grupo de traballo comunitario, aberto e democrático no seu funcionamiento. Estamos, pois, abertos a calquera tipo de colaboración no funcionamiento do grupo, á participación nas súas actividades e a calquera tipo de relación de quen queira.

A través dos medios de comunicación, nas redes sociais (Facebook…) iremos publicitando as actividades e eventos que programemos. Nos próximos días enunciaremos as actividades do ano 2021 -coorganizadas coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña-.

Para o próximo ano 2022 estamos organizando actividades máis centradas no Día das Letras Galegas e Florencio Delgado Gurriarán.

Facemos, pois, un chamamento aos valdeorreses e valdeorresas da Coruña e a a todo o mundo que queira participar nas nosas actividades. Móvenos Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button