Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras maniféstase en Santiago en defensa da sanidade pública

Veciños e representantes municipais das terras de Valdeorras, Viana e Trives participaban na manifestación convocada por SOS Sanidade neste domingo na capital galega

“Sanidade Pública en Perigo.Defendámola”. Era a mensaxe da pancarta que abría a multitudinaria manifestación que neste mediodía de 10 de febreiro percorría Santiago de Compostela. Partía dende a Alameda e concluía na praza do Obradoiro.

Este acto reivindicativo estaba convocado por SOS Sanidade pública contra os recortes neste ámbito, así como en defensa da recuperación das áreas sanitarias desaparecidas coa reforma da Lei de Saúde galega (entre elas a de Valdeorras), e ten sido secundada por numerosos colectivos, como sindicatos e partidos políticos; por plataformas galegas e por profesionais e traballadores do sector.

Entre os manifestantes había unha ampla representación da parte oriental da provincia. Así acudían membros da Plataforma Sanitaria de Valdeorras. Tamén estaban os alcaldes do Barco, da Rúa, de Petín e Manzaneda, así como concelleiros ou a tenente de alcalde ruesa, entre outros.

Esta manifestación foi apoiada polos líderes dos principales partidos da oposición en Galicia, Gonzalo Caballero (PSdeG), Ana Pontón (BNG) e Luís Villares (En Marea).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button