ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Valdeorras mantén 18 casos activos de Covid, se ben O Barco suma 2 novos positivos

Pola súa banda, Carballeda de Valdeorras queda libre de virus nesta xornada

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Mantéñense os datos no total de casos activos de Covid de Valdeorras, pero con cambios segundo os concellos. A comarca segue con 18 casos, se ben no Barco volven rexistrarse nesta xornada 2 novos positivos do Barco, co cal suma xa 16 casos activos, fronte aos 14 de onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. A incidencia acumulada para este concello é de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días.

Con respecto ao resto comarca valdeorresa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras teñen 1 positivo cada un, mentres que Carballeda de Valdeorras queda libre de virus. Os demais concellos de Valdeorras tamén continúan libres de coronavirus.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Por outra banda, tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 11 os ingresos (1 menos que onte), 3 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

2 positivos nos centros educativos da comarca

No referente aos positivos en centros educativos de Valdeorras, o listado emitido neste martes pola Xunta de Galicia recolle 2 positivos, ambos no Colexio Divina Pastora do Barco. Supón 1 máis que os rexistrados o pasado sábado, onde este centro contabilizaba 1 positivo.

Artigos relacionados

Back to top button