Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras mobilízase en defensa do servizo de rehabilitación do HCV

“Non á fuga de pacientes a Ourense”, “Somos pacientes, non números” e “Non á perda da nosa calidade asistencial”. Eran algunhas das consignas escritas que podían lerse na concentración celebrada na tarde do 4 de xuño na entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) do Barco.

A mobilización era convocada pola Xunta de Persoal da Área do Barco xunto co persoal do Servizo de Rehabilitación do centro hospitalario pola “supresión de duas prazas de fisioterapeutas no servicio de Rehabilitacion; co conseguinte deterioro da calidade asistencial e sobrecarga de traballo”. Unha cuestión que deixaban patente na lectura do manifesto coa que se pechaba o acto.

Artigos relacionados

Back to top button