ConcellosÚltima hora

Valdeorras prepara unha manifestación en defensa do partido xudicial

Continúan as concentracións en contra da supresión dos xulgados do Barco
Algúns dos asistentes á concentración en favor do partido xudicial de Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Algúns dos asistentes á concentración en favor do partido xudicial de Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Na concentración de cada xoves diante do edificio dos xulgados do Barco, os membros da Plataforma en defensa do Partido Xudicial do Barco anunciaban que se está a preparar unha manifestación de cara a este mes de setembro. Co fin de concretar a súa organización vaise celebrar o vindeiro mércores 17 de setembro unha reunión da comisión permanente da plataforma ás 19:30h. no salón de actos do edificio de usos múltiples do Barco.

“Será unha reunión aberta a todo o mundo e co obxectivo de fixar data para a manifestación da cidadanía e, ao mesmo tempo, para ver qué outras medidas se poden emprender con este fin. Canto maior sexa a participación, máis ideas sairán e máis forzas teremos entre todos para conseguir a fin que nos propoñemos”, dicía un dos voceiros da plataforma na concentración do 11 de setembro.

Tamén aludía a que un partido político se vén de desmarcar dos actos reivindicativos en defensa do partido xudicial ao considerar que “xa esta todo arranxado, pero que a situación segue sendo a mesma, non hai ningunha modificación. Os partidos xudiciales, aínda que sigan con ese nome, van a quedar completamente baleirados”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button