En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras presenta os seus viños en Madrid

No acto contábase con 53 referencias de 21 adegas desta denominación e tiña lugar unha cata comentada por José Hidalgo

Máis dun cento de profesionais do mundo viño, hostaleiros, distribuidores, empresarios e representantes políticos asistían na tarde do 24 de abril á presentación da colleita do 2016 da Denominación de Orixe Valdeorras en Madrid. Celebrábase na Casa de Galicia, podían degustarse un total de 53 referencias (de brancos e tintos) de ata 21 adegas.

No inicio do acto, presentado polo actor galego Javier Veiga, o presidente do consello regulador valdeorrés, Francisco García, referíase aos “valores diferenciais e singulares” que definen aos viños desta zona ourensá, destacando a súa calidade. Asemade mencionaba á tradición vitivinícola desta comarca e á presenza dos seus caldos en mercados internacionais como Estados Unidos, Reino Unido, Holanda, Bélxica ou Xapón.

Tamén tomaban a palabra a directora xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, quen resaltaba o “bo traballo” que están a realizar as adegas desta D.O.; o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónerga; o subdirector xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica del MAPAMA, Javier Maté, e o recoñecido enólogo José Hidalgo, quen dirixía unha cata comentada, explicando as particularidades das uvas e dos viños valdeorreses.

Fotos: DO Valdeorras

Artigos relacionados

Back to top button