EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Valdeorras, punto de partida no calendario de catas das “Distincións Gallaecia 2021”

Tamén servirán de base para a elaboración da "Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022”

Imaxe da cata para as “Distincións Gallaecia” e a “Guía de Viños de Galicia” do pasado ano na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Comeza o percorrido polas denominacións de orixe galegas dos paneis de cata para as “Distincións Gallaecia 2021” e para a “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022”, de Luis e Alejandro Paadín. Este ano, novamente, ese calendario abrirase na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras en Vilamartín. Será na mañá do 5 de xullo cando se realice a cata dos seus viños.

O percorrido continuará o 12 de xullo coa Cata dos viños DO Ribeira Sacra, que neste caso se realizará na Coruña, o mesmo que a dos destilados, prevista para o 19 de xullo.

Xa o 26 de xullo (luns) os catadores achegaranse ata a sede do CRDO Monterrei en Verín, o 2 de agosto ata sede CRDO Ribeiro en Ribadavia e, finalmente, o día 11 de agosto será a cata no CRDO Rías Baixas e o día 16 dese mesmo mes haberá unha nova cata dos viños desta denominación, pero na Coruña.

 

Artigos relacionados

Back to top button