Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras reanuda as mobilizacións para defender a área sanitaria

A reivindicación da área sanitaria do Barco volve á rúa. No mediodía do mércores 8 de novembro tiña lugar unha nova concentración diante do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco, para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei Saúde de Galicia.

Preto dun cento de persoas reuníanse no exterior do centro hospitalario, respondendo á convocatoria realizada dende a Plataforma Sanitaria de Valdeorras. O seu voceiro, Orlando Saavedra, sinalaba que “temos as ideas moi claras e queremos que se retire o anteproxecto”. Apuntaba asemade que “non se está negociando nin consensuando” esta reforma e “pedía a continuidade da área sanitaria do Barco. Non aceptaremos ningún anteproxecto que non pase por manter a área. Se é necesario volveremos facer outra gran concentración”.

A partires de agora haberá concentración cada mércores ás 12h. diante do HCV, segundo se indica dende a plataforma sanitaria valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button