En portadaGalerías de fotosÚltima hora

“Valdeorras” refórzase como marca na nova campaña deste consello regulador vitivinícola

Ten como lema “Valdeorras, un brinde de sensacións” e presentábase na mañá do 23 de abril na sede desta D.O. en Vilamartín

Fortalecer a marca Valdeorras no viño. Este é o obxectivo principal da nova campaña promocional, co lema “Valdeorras, un brinde de sensacións”, que se presentaba na mañá do 23 de abril na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín. “Estamos de estrea cunha nova imaxe e cunha filosofía de campaña que imos desenvolver en diferentes soportes. Esta será durante un tempo a nosa imaxe de referencia”, explicaba no acto o presidente deste consello regulador, José Luis García Pando.

Ademais adiantaba que tras, participar en certames internacionais de referencia como ProWein (Alemaña) en marzo e, recentemente ,en Alimentaria (Barcelona), a D.O. Valdeorras continuará incidindo na promoción con novas accións como a asistencia a London Wine Fair de Londres en maio ou a realización de presentacións na Coruña, Madrid ou Andalucía.  “O noso obxectivo ten que seguir sendo colocar a marca de Valdeorras no máis alto posible”, matizaba García Pando, quen lembraba que case a metade do orzamento deste organismo (que roza os 600.000 euros) destinararase neste exercicio do 2018 a promoción.

Xunto a García Pando, o vicepresidente da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, explicaba as características desta nova campaña de comunicación dirixida ao mercado nacional e coa que se busca “seguir fidelizando ao público obxecto de maior idade e atraer a un público máis xove”.

A imaxe reproduce unha copa inclinada de viño, con tonos alusivos ao godello e á mencía, que está en movemento e convida a brindar. “Coa renovada imaxe gráfica que hoxe presentamos pretendemos chamar a atención dos nosos grupos de interese e situarnos como unha organización en evolución”, indicaba o vicepresidente.

Prada Ginzo referíase tamén aos detalles do deseño, dende o uso de diferente tipografía, á colocación da copa e o detalle das pingas de viño e o uso de diferentes cores. “Trátase dunha campaña máis conceptual na que empregamos unha tipografía manuscrita co obxecto de proxectar elegancia, sofisticación, calidade e proximidade co cliente final”. Asemade resalta a gran forza que transmite a imaxe da copa de viño “porque realmente non se ve o cristal, senón que a súa forma está creada polo viño ao axitarse no seu interior”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button