En portadaÚltima hora

Valdeorras reivindicará a figura do poeta Delgado Gurriarán

Os concellos valdeorreses traballan nunha campaña un de cuxos escenarios principais será Córgomo, pobo natal do poeta
Reunión dos promotores da campaña para reinvidicar a Florencio Delgado Gurriarán, na Biblioteca do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Reunión dos promotores da campaña para reinvidicar a Florencio Delgado Gurriarán, na Biblioteca do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Aínda non está concretado o conxunto de actividades, nin o seu calendario, pero o que o si é firme é a aposta dos concellos valdeorreses por facer unha fronte común na defensa e promoción da figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán. Están a traballar nunha campaña que bota a andar neste ano e que terá continuidade no 2017 co fin de reivindicar o Día das Letras Galegas para este escritor valdeorrés.

Este proxecto presentábano na mañá do 14 de novembro, despois dunha reunión na blbioteca barquense, que leva o nome do poeta de Córgomo. A xuntanza contaba coa asistencia da alcaldesa da Rúa. María González, e dos alcaldes do Barco, Alfredo García, Petín, Miguel Bautista, e Vilamartín, Enrique Barreiro, xunto coa concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta.

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, durante a rolda de prensa./ Foto:Ángeles Rodríguez.
A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, durante a rolda de prensa./ Foto:Ángeles Rodríguez.

Os promotores do proxecto póñense ademais un obxectivo moi claro: que Delgado Gurriarán sexa recoñecido nas Letras Galegas do 2018. Así o aseguraba a edil de Cultura barquense, Margarida Pizcueta. Esta campaña cultural pretente incluír unha gran diversidade de actos e propostas como un premio de poesía para adultos. Boa parte dos actos desenvolveranse na localidade natal do poeta, Córgomo (Vilamartín), se ben haberá tamén propostas no resto dos concellos.

Ademais preténdese implicar ao sector empresarial da comarca e á comunidade educativa. “Un dos principais apoios que queremos buscar é o da Deputación de Ourense, e pensamos que este debe ser tamén un proxecto galego”, indicaba o alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button