ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras responde, un ano máis, á chamada solidaria de Manos Unidas en Rubiá

Máis de 300 persoas asistían ao xantar benéfico celebrado o 30 de abril no pavillón deportivo

Un ano máis os veciños de Valdeorras atenderon á chamada solidaria de Manos Unidas en Rubiá co fin de recadar cartos para os proxectos que ten en marcha en países de pobreza extrema.

A xornada dominical do 30 de abril comezaba cunha eucaristía presidida polo párroco Herminio González, e de seguido tiña lugar o xantar popular no pavillón de deportes. Alí, sobre as mesas, toda clase de alimentos cedidos polos veciños e empresas; pendurados do teito, globos de cores; e nunha esquina do pavillón a tómbola para o sorteo de artigos cedidos polos colaboradores. Foron os ingredientes cos que a delegación de Manos Unidas en Rubiá elaborou a festa solidaria que sempre conta co respaldo da poboación. Nesta ocasión reuníronse máis de 300 persoas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button