ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 103 casos activos de Covid, 7 menos que onte

Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Leve descenso dos casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Neste 19 de agosto a comarca rexistra un total de 103 positivos de coronavirus, o que supón 7 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Os únicos concellos que rexistran subida de casos son A Veiga, cun total de 7 positivos, 2 máis que onte; e Carballeda de Valdeorras con 2, 1 máis que onte.

Por contra, baixan os casos no Barco que ten 58 positivos, 8 menos que onte; na Rúa que rexistra 32, 1 menos que onte; e en Larouco con 1, 1 menos que onte. Ademais Vilamartín continúa con 3 positivos, a mesma cifra de onte.

Os concellos do Bolo, Rubiá e Petín continúan libres de virus. Na provincia de Ourense, tamén seguen baixando os casos activos, cun total de 740, 51 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button