En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 11 casos activos de Covid, 3 máis que onte

Imaxe dunha das rúas do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira repunta nos casos de casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra hoxe un total de 11 positivos de coronavirus, 3 máis que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Así, O Barco suma 9 positivos, 2 máis que onte, cunha incidencia acumulada que tamén baixa a ≤10 a sete días; manténdose en >25 e ≤50 a catorce días.

Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo, mentres que Vilamartín de Valdeorras, que onte non tiña casos, volve rexistrar 1 positivo. O resto dos concellos da comarca seguen libres de Covid.

Por outra banda, nos colexios da comarca non se rexistra ningún positivo por Covid. Así o CEIP Condesa de Fenosa do Barco, ata onte tiña 1 caso, queda agora libre de virus, segundo os datos do listado da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button