ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 110 casos activos de Covid, 10 máis que onte

Soben os positivos no Barco, na Veiga e en Rubiá

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Volven subir os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Neste 21 de agosto a comarca rexistra un total de 110 casos activos, o que supón 10 máis que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas e actualizados ás 18h. de onte.

O maior ascenso dase no Barco, con 59 casos activos, 5 máis que onte; ademais A Veiga rexistra 12 positivos, 4 máis que onte. Ademais Rubiá, ata agora libre de virus, rexistra 1 caso activo.

No resto dos concellos da comarca repítense as mesmas cifras de onte: Carballeda de Valdeorras ten 3 casos activos, Larouco 2, A Rúa 30 e Vilamartín 3.

Os concellos do Bolo e Petín continúan libres de virus.

Na provincia de Ourense tamén se incrementan os casos activos, cun total de 758, 23 máis que onte.

37 hospitalizacións na provincia

O que si se mantén é o número de ingresos por Covid na provincia. Nesta xornada o Hospital Público de Valdeorras continúa con 4 ingresos en planta por Covid, mentres no Hospital Universitario de Ourense hai 21 en planta, 2 menos que onte, e 8 na UCI, 2 máis que onte de onte. No Hospital de Verín hai 4 ingresos en planta, o mesmo número que onte.

Artigos relacionados

Back to top button