ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 130 casos activos de Covid, 6 máis que o pasado venres

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeira suba nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 130 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 6 máis que o pasado venres, cando a Consellería de Sanidade facía públicos os anteriores datos.

Os contaxios activos aumentan no Barco con 58 positivos (7 máis que o pasado venres), na Veiga con 8 (7 máis que o venres) e, de xeito especial en Vilamartín con 29 positivos (18 máis que o venres).

En cambio, os casos activos de coronavirus baixan no Bolo con 4 positivos (2 menos que o venres), en Carballeda de Valdeorras con 1 positivo (7 menos que o venres), en Petín con 2 (4 menos que o venres), na Rúa con 23 (11 menos que o venres) e en Rubiá con 5 (2 menos que o venres).

O único concello valdeorrés que permanece libre de coronavirus é o de Larouco.

No referente ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 8 ingresos en planta por Covid, a mesma cifra que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button