En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 132 casos activos de Covid, 2 máis que onte

Imaxe do Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen á alza, aínda que forma moi lixeira, os casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra nesta xornada 132 positivos, 2 máis que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Soben os contaxios activos no Barco cun total de 63 positivos (5 máis que onte), no Bolo con 5 (1 máis que onte) e na Veiga con 9 (1 máis que onte).

En cambio baixan os positivos na Rúa con 19 (4 menos que onte) e en Vilamartín con 28 (1 menos que onte).

Os datos mantéñense igual que onte en Carballeda con 1 positivo, en Petín, que continúa con 2 positivos, en Rubiá con 5 positivos e en Larouco que segue libre de coronavirus.

En canto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras ten 7 ingresos en planta por Covid, 1 menos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button