SanidadeÚltima hora

Valdeorras rexistra 151 casos activos de Covid

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Importante baixada no número total de casos activos de Covid en Valdeorras dende o venres 13 de maio, o último día que a Consellería de Sanidade facía públicos os datos oficiais. Así, na xornada deste xoves 19 de maio a comarca rexistra un total de 151 positivos, o que supón 108 menos que o pasado venres, segundo os datos do Sergas (actualizados ás 18h. de onte).

Baixan os contaxios en todos os concellos. O Barco rexistra 88 casos (36 menos que o venres); Carballeda de Valdeorras ten 9 (6 menos que o venres); Larouco ten 2 (1 menos que o venres); Petín rexistra 1 (3 menos que o venres); A Rúa ten 25 positivos (17 menos que o venres); Rubiá ten 7 (11 menos que o venres); A Veiga ten 2 (2 menos que o venres); e Vilamartín ten 17 (27 menos que o venres). O Bolo queda libre de Covid tras darse de alta aos 5 casos activos que tiña.

No que se refire aos ingresos, rexístranse un total de 8 en planta por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button