En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 163 casos activos de Covid, 4 menos que o venres

 

Leve descenso no total de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 163 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 4 menos que o pasado venres, cando a Consellería de Sanidade facía públicos os anteriores datos.

Os contaxios activos descenden no Barco con 94 positivos (1 menos que o pasado venres), en Petín que ata o venres tiña 1 positivo e agora está libre de Covid, na Rúa con 19 positivos (7 menos que o venres) e na Veiga con 7 positivos (2 menos que o venres).

En cambio, soben os casos en Carballeda con 5 positivos (2 máis que o pasado venres), en Rubiá con 6 positivos (3 máis que onte) e Vilamartín con 27 positivos (2 máis que o venres). Finalmente, O Bolo continúa con 5 positivos (os mesmos que o venres) e Larouco libre de coronavirus.

En canto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 4 ingresos en planta por Covid, o que supón 2 menos que o pasado venres.

Artigos relacionados

Back to top button