ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 187 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Rúa Campogrande, na Rúa./Foto: Mónica G. Bellver.

 

Leve descenso nos positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 2 de agosto un total de 187 casos activos de Covid, o que supón 1 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Tan só A Rúa experimenta un incremento de casos nesta xornada con 33, o que supón 2 máis que onte. Por contra, baixan os casos activos no Barco con 120 positivos, 2 menos que onte; e en Rubiá con 5, 1 menos que onte.

No resto de municipios mantéñense as cifras de onte, así en Larouco hai 5 positivos, no Bolo 4 positivos, en Petín rexístranse 2 positivos, en Carballeda 3, na Veiga 4 e en Vilamartín 11.

1.763 casos activos na provincia

Moito maior é o descenso de casos activos na provincia de Ourense, que rexistra un total de 1.763 casos activos, o que supón 108 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button