ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra 22 casos casos activos de Covid, tras 1 novo positivo no Barco

Paseo do Malecón no cruce coa rúa Abdón Blanco, no Barco./ Foto: A.R.

 

Leve incremento, unha xornada máis, nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 22 positivos na xornada deste sábado 22 de maio, 1 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 18 casos activos, 1 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días. A Rúa pola súa banda, mantense con 2 positivos.

No resto de concellos da comarca tamén continúa a estabilidade. Rubiá e Vilamartín de Valdeorras seguen con 1 positivo cada un e o resto permanece libre de Covid.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 9 os ingresos, 4 deles na UCI (1 máis que onte) e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Por outra banda, nos centros escolares da comarca mantéñense 2 únicos casos de Covid no Colexio Divina Pastora do Barco, segundo os datos do último listado emitido pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button