ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 226 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Baixan os positivos no Barco e en Rubiá e soben na Rúa e en Vilamartín

Paseo do Aguillón, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Leve descenso de positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 23 de xullo un total de 226 casos activos, o que supón 1 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

No Barco son 183 os positivos, o que significa unha baixada de 3 casos activos con respecto á xornada de onte. Por contra, medra o número de casos activos en Vilamartín que rexistra 16 positivos, 1 máis que onte; e tamén na Rúa con 12 positivos, 2 máis que onte.

En cambio, as cifras descenden en Rubiá que rexistra 3 positivos, 1 menos que onte. Os datos mantéñense igual que onte en Carballeda de Valdeorra con 6 positivos, en Petín con 2, na Veiga con 3 e en Larouco con 1.

O único concello da comarca que segue libre de virus é o do Bolo.

A provincia de Ourense rexistra un total de 2.341 casos activos, o que supón 56 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button