En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 253 casos activos por Covid, 153 menos que o pasado venres

Publicidade
Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Descenden de forma considerable os datos de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 253 positivos de coronavirus, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 153 menos que os comunicados o pasado venres, 6 de maio.

O único concello que rexistra un leve aumento de casos é o de Carballeda de Valdeorras, con 15 positivos, 2 máis que o pasado venres. No resto de municipios da comarca baixan os casos: O Barco rexistra 119 (22 menos que o venres), O Bolo 5 (2 menos que o venres), Larouco 3 (2 menos que o venres), Petín 6 (5 menos que o venres), A Rúa 34 (42 menos que o venres), Rubiá 17 (3 menos que o venres), A Veiga 2 (1 menos que o venres) e Vilamartín 52 (78 menos que o venres).

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras ten 11 ingresos en planta, a mesma cifra que a rexistrada onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button