ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 258 casos activos de Covid, 5 máis que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve incremento de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 258 positivos, o que supón 5 máis que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Soben os contaxios activos no Barco, con 123 positivos (4 máis que onte), na Veiga con 3 (1 máis que onte) e en Vilamartín 53 (1 máis que onte). En cambio, baixan en Petín con 5 positivos (1 menos que onte).

Os datos mantéñense igual que onte no Bolo con 5 positivos, en Carballeda con 15 positivos, en Larouco con 3 positivos, na Rúa con 34 positivos e en Rubiá con 17 positivos.

No que se refire aos ingresos, rexístranse un total de 14 ingresos en planta por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, o que supón 3 máis que onte, segundo os datos de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button