En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 26 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Vista da vila do Barco dende Viloira./ Foto: A. R.

 

Mantense un leve descenso na curva do Covid na comarca de Valdeorras, que conta cun total de 26 casos activos neste 4 de xuño, 1 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

Así, os positivos baixan na Rúa que pasa de 4 casos activos a 2, é dicir, 2 menos que onte. No caso do Barco rexístraxe un lixeiro incremento xa que se rexistra 22 positivos, 1 máis que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días.

Os datos de días anteriores mantéñense en Vilamartín de Valdeorras con 2 positivos. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.

Por outra banda, o Hospital de Valdeorras mantén 1 ingreso en planta por coronavirus.

5 positivos de Covid nos centros educativos

Os centros educativos da comarca de Valdeorras rexistran hoxe 5 casos activos de Covid, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia nesta xornada, 1 menos que onte. No Barco o CEIP Condesa de Fenosa ten 2 positivos, o CEIP Julio Gurriarán segue con 1 positivo e o Colexio Divina Pastora, que ata onte tiña 1 positivo, hoxe aparece con 0 casos.

Na Rúa, o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

Na provincia de Ourense o total de positivos en centros educativos ascende a 26 (3 menos que onte).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button