En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 30 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Nova xornada de baixada nas cifras de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 30 casos activos neste 31 de maio, 2 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No municipio do Barco de Valdeorras hai 24 casos activos, 3 menos que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días de >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.

Os datos mantéñense na Rúa, con 4 positivos, sen embargo, soben en Vilamartín de Valdeorras con 2 positivos, 1 máis que onte. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras segue con 1 ingreso en planta por Covid.

Artigos relacionados

Back to top button