A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoRubiáÚltima hora

Valdeorras rexistra 37 casos activos de Covid, 20 deles no Barco

Carballeda ten 12 positivos (1 máis que onte), Rubiá 3 e A Rúa 2 (1 máis que onte)

 

Aínda que de forma máis lixeira que nos últimos días, segue aumentando a cifra de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, que na xornada deste martes 13 de abril rexistra un total de 37 positivos, 2 máis que onte. Máis da metade destes positivos sitúanse no municipio do Barco, cun total de 20 casos, os mesmos comunicados onte polo Sergas.

En canto á incidencia acumulada para este concello está entre >125 e ≤ 250 a 7 días; e entre >150 e ≤250 a 14 días , segundo a Consellería de Sanidade.

 

 

O aumento nos casos producíase nos concellos de Carballeda de Valdeorras e A Rúa. Carballeda rexistra 12 positivos, 1 máis que onte, cunha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de >250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade. Este concello valdeorrés está dende onte en nivel máximao de restricións, con peche perimetral, prohibición de reunión de non conviventes (tanto en exterior como en interior) e peche da hostalaría, entre outras medidas.

 

No caso da Rúa, hoxe rexistra 2 positivos de coronavirus, un máis que onte; mentres que Rubiá mantense con 3 casos activos.

Artigos relacionados

Back to top button