A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras rexistra 37 positivos por Covid, 7 menos que onte

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Notable descenso de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca contabiliza 37 casos activos de Covid, 7 menos que onte, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas. Os positivos baixan no Barco, que pasa dos 18 de onte aos 14, é dicir 4 menos.

Descenso tamén en Carballeda de Valdeorras que fronte aos 13 de onte hoxe rexistra 10, isto é, 3 menos que onte.

No referente á Vilamartín, o municipio segue con 3 positivos; mentres que A Rúa ten 4 (1 menos que onte) e en Petín seguen con 4 (os mesmos datos de onte). Ademais Rubiá ten 2 positivos, é dicir, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button