A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras rexistra 47 positivos de Covid, 1 máis que onte

Dese total de casos 23 son do Barco e 17 de Carballeda. Ademais Petín, ata agora libre de coronavirus, ten 1 positivo, mentres A Rúa baixa a 3 e Rubiá segue con 3

Praza Maior do Barco.

 

Leve incremento na curva do coronavirus en Valdeorras. Despois da estabilidade dos datos de onte, nos que se mantiña en 46 o total de positivos contabilizados, neste venres 16 de abril o Sergas comunica 47 positivos, é dicir, 1 máis.

No caso do Barco rexístranse 23 casos activos, o que supón 1 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello entre >125 e ≤ 250 a 7 días, e entre >150 e ≤250 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Carballeda de Valdeorras mantén tamén o número de casos dos últimos tres días, é dicir 17, cunha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de menos de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Petín, que ata agora non tiña casos, rexistra 1 positivo; mentres que A Rúa pasa de 4 casos activos a 3, é dicir, baixa 1 positivo con respecto a onte, cunha incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150. Finalmente Rubiá continúa con 3 casos activos de coronavirus (incidencia acumulada de máis de 150 e menos de 250 tanto a 7 como a 14 días).

Artigos relacionados

Back to top button