ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 48 casos activos de Covid, 2 máis que o pasado venres

Publicidade
Vista do Barco./ Foto: A.R.

Leve incremento nos casos activos de coronavuris en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 48 positivos, segundo os últimos datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son dous máis que os contabilizados o pasado venres.

O único concello valdeorrés que experimenta unha suba de casos é A Rúa, con 17 positivos (5 máis que o pasado venres), en cambio baixan os contaxios activos no Barco con 23 (1 menos que o venres), no Bolo que o venres tiña un caso e agora está libre de coronavirus, e na Veiga con 2 positivos (1 menos que o pasado venres).

Os casos mantéñense igual en Carballeda con 1 positivo, en Larouco con 1 positivo, en Petín con 1 positivo, en Rubiá con 2 positivos e en Vilamartín con 1 positivo.

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras volve a a rexistrar 1 ingreso en planta por Covid (o venres estaba libre de Covid).

Artigos relacionados

Back to top button